SEGURIDADE CIDADÁ

Recepción aos novos policías locais

03/12/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Gonzalo Muíños, recibiu os novos once integrantes da Policía local, nun acto no que tamén estivo presente o xefe do corpo, José Ramón Dieste.

Dos once novos traballadores, tres son mulleres e oito homes. Hoxe tomaron posesión como funcionarios, tralo seu paso pola academia de seguridade da Estrada e unha vez rematado o período de prácticas. Coa súa incorporación, a Policía local de Santiago suma 132 efectivos, dos cales 13 son mulleres.

Compartir: