ALCALDÍA

Santiago falará de mobilidade sostible na nova edición do Foro das Cidades – Diálogos Medellín

02/12/2020 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa esta tarde na segunda edición do Foro das Cidades-Diálogos Medellín, un encontro entre os axentes involucrados na xestión das cidades e expertos urbanos no marco dun debate construtivo para acadar cidades inclusivas, seguras, verdes, resilientes e sostibles.

Nesta segunda edición do Foro das Cidades-Diálogos Medellín, considerado xa como un referente no debate urbano sostible, foron seleccionadas 45 cidades e 100 expertos que participarán en seis eixos temáticos: claves para o deseño da cidade do século XXI: xestión urbana, mobilidade sostible, espazo público, renaturalización e cidade verde, innovación social e emprendemento e participación.

A cidade de Santiago de Compostela participará na sesión virtual que terá lugar ás 15.30 horas baixo o título "A mobilidade limpa, segura, accesible e sostible que combate o cambio climático e permite a conectividade en toda a cidade", polos seus plans de loita contra o cambio climático e de mellora de calidade do aire, así como por ter obtido neste ano 2020 o Premio Plataforma x Aire Limpo que a recoñece como unha das cidades españolas máis comprometidas ca calidade do aire.

Compartir: