ACCION CULTURAL

Salvador García-Bodaño deixa a súa pegada no Xardín das pedras que falan coa frase "Compostela, soño de pedra no tempo"

07/11/2020 Salvador García-Bodaño xa ten a súa pegada, cun breve texto "Compostela, soño de pedra no tempo"; no "Xardín das pedrras que falan, detrás do Colexio de Fonseca. Inaugurouna hoxe o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, nun acto no que, ademais do poeta, tamén estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o reitor da USC, Antonio López;o escrito e catedrático, Claudio Rodríguez Fer, e distintos membros da Corporación Municipal.

García-Bodaño agradeceu o acto, recordou que se van colocar 40 pedras, e incidiu na similitude da súa colocación co simbolismo das espirais celtas. Para o alcalde, "Salvador é unha historia de amor e compromiso con Santiago e con Galicia". "Con estas pedras", sinalou Sánchez Bugallo, "o que se fai lembrar, de xeito permanente, a presenza de determinadas persoas "na vida da nosa cidade", igual que coa praza que leva o nome do escritor. "Temos", engadiu, "o recoñecemento de Salvador como fillo adoptivo de Santiago, e como medalla da cidade, e agora, a través desta pedra, facemos unha lembranza especial de García.-Bodaño, como poeta e escritor" vinculado a Compostela.

Antonio López, destacou "as valiosísimas capacidades literarias" de García-Bodaño, ás que engadiu, hai que facer xustiza, "con esta pedra e con estes versos; para recoñecer a pegada de Salvador na poesía galega e na cidade". Claudio Rodríguez Fer referiuse a obra literaria do homenaxeado, dos máis variados xéneros, pero "especialmente da poesía", vinculada, engadiu, "ao mundo das artes, ao mundo das letras e especialmente á nosa memoria histórica, especialmente á de Santiago de Compostela". No acto tamén estiveron presentes o portavoz do PP local, Alejandro Sánchez.Brunete; a edil de Compostela Aberta, Branca Novoneyra; e a voceira do BNG, Goretti Sanmartín.

As tres primeiras pedras colocáronse en maio de 2018, con versos, nas linguas orixianis, de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza. A patir de aí uníronse máis autores, nunha inciativa que ten como obxectivo principal render un merecido homenaxe liteario a distintos escritores de todos os países e todas as épocas.

BIOGRAFÍA

(Vigo, 1935). O poeta Salvador García-Bodaño, unha das grandes voces da súa xeración, naceu en Vigo en 1935. Cofundador do grupo O Galo, colaborou con diversas publicacións, e é autor de varias traducións ao galego. Entre os seus libros destacan "Ao pé de cada hora" (1967, Galaxia), "Tempo de Compostela" (Premio da Crítica Española, 1978, Edicións do Cerne), "Cidade virtual" (2003, Biblos Clube de Lectores); ou "Cantos de Ausencia (Elexías 1959-2002)", publicado en 2004 por A Nosa Terra. En narrativa destacan obras como "O caleidoscopio" (1992, Contos do Castromil, de Ir Indo); ."Os misterios de Monsieur D’Allier" (Premio da Crítica, 1993, Galaxia) ou "O Sinatra" (2007, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística).

Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega en 1992. Ó longo da súa vida recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre eles o Premio da Cultura Galega 2012 no apartado de Letras. En 2013 recibiu o premio 'Voz da liberdade' outorgado polo Pen Clube de Galicia e en 2015 a Medalla de Ouro de Santiago e o título de Fillo Adoptivo.

Compartir: