XUNTA DE GOBERNO

Aprobado en Xunta de Goberno o proceso de licitación dos tres novos vehículos de Protección Civil

20/10/2020 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria e urxente, aprobou o expediente de "Subministración de diversos vehículos para Protección Civil do concello de Santiago dividos en tres lotes: LOTE I. Un vehículo todo terreo. LOTE II. Un vehículo tipo furgoneta. LOTE III. Un vehículo todo camiño".

Tamén se deu luz verde ao gasto correspondente, que ascende a 119.971,5 euros (IVE engadido); e á apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto, establecéndose un tipo de licitación de:

· LOTE I: Vehículo todo terreo. 49.610 euros (41.935,52 euros máis 21% de IVE que ascende a 7.674,48 euros)

· LOTE II: Vehículo tipo furgoneta. 29.826,5 euros (24.650 euros máis 21% de IVE que ascende a 5.176,5 euros)

· LOTE I: Vehículo todo camiño. 40.535 euros (33.765,74 euros máis 21% de IVE que ascende a 6.769,26 euros)

A declaración de urxencia do expediente implicará a redución á metade de todos os prazos fixados no prego de cláusulas administrativasde aplicación. Esta subministración está amparada polos créditos derivados da formalización do "Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Deputación Provincial da Coruña; e o Concello de Santiago en materia de protección civil e emerxencias, co fin de colaborar nos gastos de adquisición dun vehículo todo camiño un todo terreo e un furgón", asinado o pasado 5 de outubro.

Na Xunta de Goberno extraordinaria tamén se deu conta do ofrecemento formal de Dona Susana Carlson Nóvoa, relativa á obra sen título mixta sobre papel 143 x 98 cm. do pintor galego D. Leopoldo Nóvoa García, cun valor estimado de 15.000 euros. Está previsto que o concello recolla a doazón o vindeiro 22 de outubro.

Documentos relacionados



Compartir: