DEPORTES

Constitúese o Consello Municipal de Deportes

13/05/2005 A asamblea constitutiva aprobou a creación de dúas comisións e debatiu a posta en marcha dun regulamento interno.

A asamblea constitutiva do Consello Municipal de Deportes tivo lugar o xoves 12 ás 18.30 da tarde no salón de plenos da Casa do Concello. Ademais, na asamblea aprobouse a creación de dúas comisións: unha de subvencións e outra que se encargará de preparar os actos do Día do Deporte.

Na reunión tamén se debatiu se sería convinte a posta en marcha dun regulamento interno de cara a regular as accións do Consello Municipal de deportes.

Compartir: