NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VITE

Exposición "Rexistro de imaxes"

03/03/2005 O centro sociocultural "José Saramago" de Vite acolle ata o 31 de marzo a mostra fotográfica "Rexistro de imaxes".

"Rexistro de imaxes" é unha mostra colectiva dunha ducia de fotoxornalistas que traballan para diversos xornais, revistas, axencias gráficas e institucións ubicadas na nosa cidade. As imaxes deron pé ao calendario de mesa editado polo Concello para o ano 2005.

Fotógrafos con moi diversas concepcións da arte da mirada, pertencentes a distintas xeracións e medios de comunicación (El Correo Gallego, La Voz de Galicia, a revista Compostelán, ABC, A Nosa Terra…), pero que teñen en común a súa profesión e a súa profesionalidade participan nesta exposición, aberta inicialmente na Galería Sargadelos e que comeza agora a rotar polas salas dos centros socioculturais da cidade.

Nesta iniciativa participaron os seguintes fotógrafos:
Jorge Leal, Xoán Álvarez, Antonio Hernández Ríos, Manuel Blanco Rey, Xoán Arias Soler, Sandra Alonso, Álvaro Ballesteros, Elisa Gianni, Susana Sotelo, Miguel Muñiz, Xoán Crespo e Andrés Panaro.

A exposición estará aberta ata o 31 de marzo.

Documentos relacionados



Compartir: