DEPORTES

O alcalde de Santiago felicita ao Ulla Oil Rosalía polo seu ascenso á segunda división de baloncesto feminino

19/10/2020 Xosé Sánchez Bugallo mantivo un encontro esta tarde, acompañado pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, coas xogadoras e coa directiva do equipo sénior feminino do Rosalía, que logrou o ascenso á liga feminina 2.

Tanto o alcalde como a concelleira de Deportes desexáronlle ao equipo colexial moita sorte na categoría de plata do baloncesto feminino e agradeceron o balón asinado por todas as xogadoras que ambos recibiron como agasallo.

Esther Pedrosa quixo facer fincapé na importancia do deporte para superarnos, especialmente "en tempos difíciles" como o que estamos a vivir. Pola súa parte, o alcalde lembrou a importancia non só aprender a competir e a gañar, senón tamén de aprender a valorar o esforzo, o sacrificio e a traballar en equipo

O Ulla Oil está formado por xogadoras que estudan na USC ou ben no instituto. Nesta temporada atípica xogarán nunh primeira fase no GRUPO A contra 2 equipos canarios, 3 vascos, 1 navarro, 1 extremeño, 1 asturiano e 5 galegos.

Compartir: