EXPOSICIÓN

Arte sen fronteiras feita por mulleres

09/03/2007 Na Fundación Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a inauguración da mostra internacional "Mulleres sen sombra: 12 miradas en femenino"", organizada pola Asociación de Mulleres Progresistas "Alba". Esta entidade quere sumarse así aos actos do Día Internacional da Muller, cunha exposición composta por pinturas, esculturas e tapices obra de mulleres de diversos países, nun intento de amosar unha arte sen fronteiras.

Segundo indican dende "Alba", esta mostra é unha pequena homenaxe a todas aquelas mulleres que, ao longo dos séculos, loitaron por facer un espazo, tanto no mundo da arte como no mundo laboral e social, espazos acoutados para a gran maioría, que tiñan limitada a súa presenza aos ámbitos familiar e privado.

Compartir: