ALCALDÍA

O alcalde reivindica o alto nivel formativo do Politécnico na apertura do curso de FP

07/10/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta mañá no acto de apertura do curso de Formación Profesional 2020-2021 no Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago, que estivo presidido pola raíña Dona Letizia.

O rexedor expresou o agradecemento á Casa Real e á S.M A Raíña por vir a Santiago abrir o curso académico e facelo "nun sitio tan simbólico e significativo para a cidade". Sánchez Bugallo salientou que o CIFP Politécnico, centro de referencia europeo, conta con "moitísimos programas innovadores en materia de formación tecnolóxica, biosanitaria, química, no campo da madeira" e ten ademais "unha oferta moi interesante de formación dual compartida entre a empresa e o propio centro educativo".

O alcalde acompañou á S.M. Dona Letizia, xunto coas demais autoridades presentes na visita, no encontro que mantivo con representantes do profesorado, empresarios e alumnado do centro.

Compartir: