MOBILIDADE

Roteiro para poñer proba a sostibilidade dos diferentes medios de transporte

17/09/2020 Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e representantes da sociedade civil galega percorrerán Compostela en diferentes medios de transporte. O percorrido servirá para comparar a sostibilidade do bus urbano, do coche eléctrico, do patinete eléctrico e de camiñar en termos enerxéticos, de emisións de CO2 e de aforro económico.

Con motivo da Semana Europea da Mobilidade e no marco do programa de sensibilización Compostela + Solidaria, impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD xunto ao Concello de Santiago, terá lugar un roteiro para poñer a exame a sostibilidade e a mobilidade na cidade mañá venres 18 de setembro.

Os participantes empregarán distintos medios de transporte para comparar os seus niveis de sostibilidade. Así, o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, fará o percorrido en bus urbano; Carlos Noya, socio de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, en coche eléctrico compartido; Manuel Salgado, da Asociación Cívica Composcleta, en bicicleta; Alejandro Quiñoá, presidente da Coordinadora Galega de ONGD, a pé; e Pablo Álvarez, vicepresidente de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, en patinete eléctrico.

A saída está prevista para as 18.30 h da praza da Música (Auditorio de Galicia) e a chegada, sobre as 19.15 h á praza Roxa, onde estará desenvolvéndose a Feira de Alternativas contra a Emerxencia Climática

O obxectivo da iniciativa: comparar a sostibilidade do bus urbano, o coche eléctrico compartido, o patinete eléctrico e camiñar a pé en base ao seu consumo enerxético, eficacia e eficiencia, calidade de vida e saúde, menos emisións de CO2 e aporte de maior aforro económico.

Desenvolvemento do acto
18.30h – Chegada das persoas participantes e dos medios de comunicación. Foto de familia e declaracións:
• Gonzalo Muíños, concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas do Concello de Santiago (bus urbano)
• Carlos Noya, socio de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega (coche eléctrico compartido)
• Manuel Salgado, da Asociación Cívica Composcleta (Bicicleta)
• Alejandro Quiñoá, presidente da Coordinadora Galega de ONGD (a pé)
• Pablo Álvarez, vicepresidente Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega (Patinete eléctrico)
19.15 h – Chegada das persoas participantes á praza Roxa.

Compartir: