ALCALDÍA

O alcalde reúnese cos vendedores ambulantes para estudar posibles ubicacións do mercadiño nas proximidades de Área Central os sábados

02/09/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, mantiveron esta mañá unha xuntanza cos representantes dos vendedores ambulantes, Manolo Liste e Antonio Regueiro.

A reunión convocouse para avanzar na proposta feita por Área Central para ubicar un día á semana (os sábados) o mercadiño de Salgueiriños nas proximidades do centro nas Fontiñas. Puxéronse enriba da mesa varios emprazamentos que agora terán que ser estudados tanto polos servizos técnicos municipais como polos propios vendedores, de forma que se garanticen todas as medidas de prevención estipuladas por mor da COVID-19.

Unha vez analizadas estas propostas, celebrarase unha nova xuntanza, neste caso tamén coa asistencia dos representantes do centro comercial.

Compartir: