TURISMO

BODAH da un paso máis na mellora da xestión do turismo nas cidades patrimoniais do Espazo Atlántico

02/09/2020 Medir e entender mellor o comportamento tanto dos visitantes como dos residentes das cidades patrimoniais do Espazo Atlántico para facilitar a súa xestión e lograr un turismo sostible. Este é o principal obxectivo do proyecto BODAH (Big and Open Data for Atlantic Heritage), liderado por Turismo de Santiago de Compostela y no que participan outras seis entidades de España, Francia, Portugal e Reino Unido.

O proxecto Bodah contempla o deseño de solucións tecnolóxicas que recopilarán datos de diferentes fontes para convertilos en coñecemento práctico. Por agora, o proxecto, que comenzou a finais do 2019, xa conseguiu definir un sistema de indicadores propio que determinará que datos hai que medir e que aplicarase de forma piloto en catro ciudades: Santiago de Compostela e San Sebastián en España, Pau en Francia e Cork en Irlanda.

Sistema de indicadores
O sistema diseñouse tomando como base o sistema europeo, adaptándoo, tanto as características do proyecto e de las cidades nas que está previsto intervir como á situación excepcional xerada polo coronavirus. "O noso reto é afianzar un turismo sostible nas cidades nas que actuamos, beneficioso tanto para o visitante como para os habitantes do destino", explican os responsables de BODAH.

Para conseguilo é preciso coñecer o seu comportamiento e niso incide o sistema de indicadores que establece os aspectos que é necesario medir e avaliar para alcanzar unha adecuada xestión do turismo. Así, resposta a cinco cuestións fundamentais: que lugares son os máis visitados, cantas persoas reciben, como afecta ese tránsito ao sitio en cuestión, que percepción ten o turista e o residente do destino y, que efectos sociais e económicos se xeran na cidade.

30 indicadores con atención ao coronavirus
A resposta ven determinada por 30 indicadores, cunha triple funcionalidade: coñecer a situación real dos lugares ou espazos monitorizados; anticipar e prever posibles saturacións e establecer estratexias de acción orientadas a fomentar as boas prácticas no ámbito do turismo.

"En momentos coma éste, nos que el coronavirus trastocou por completo o noso día a día, é fundamental contar con ferramentas e sistemas que permitan un mellor control do turismo e da afluencia a determinados espazos para garantir a seguridade", apuntan os responsables de BODAH.

Próximos pasos
Unha vez que o sistema está definido e xa se estableceron as catro cidades nas que se vai intervenir, o consorcio que conforma o proxecto BODAH, no que xunto a Turismo de Santiago participan Fomento de San Sebastián, Fundación Santa María la Real del Patrimonio Histórico, Universidade Nova de Lisboa, Cork Institute of Technology, Glasgow Caledonian University e Bangor University, seguirá traballando no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que faciliten unha mellor xestión do turismo e os fluxos de persoas en cidades patrimoniais do Espazo Atlántico.

O proxecto BODAH, liderado por Turismo de Santiago, desenvólvese dentro do programa Interreg Atlantic Area, cun orzamento total de 1.573.373 euros, dos que un 75% apórtaos o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Compartir: