XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de alumeado público na rúa das Estrelas

31/08/2020 A sesión ordinaria da Xunta de Goberno local deu o visto bo ao devandito proxecto entre outros asuntos como a formalización dunha operación de crédito prevista nos orzamentos deste ano por 1,2 millóns de euros.

A proposta da concelleira delegada de Medio Ambiente e Alumeado Público, aprobouse o proxecto de alumeado público na rúa das Estrelas, que une o Monte do Gozo con San Lázaro, por un importe de 68.050 euros (IVE incluído).

No ámbito do urbanismo, aprobouse a participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana do Plan Estatal de Vivenda na súa anualidade 2020. O financiamento máximo dispoñible para a totalidade das Áreas de Rehabilitación Integral declaradas no Concello é de 332.750 euros para este ano (275.000 euros do Ministerio de Fomento e 57.750 euros da Comunidade Autónoma) e distribuirase do seguinte xeito: para o Casco Histórico destinaranse 65.925 euros (48.600 do Ministerio e 17.325 da Xunta); 115.725 euros (98.400 do Ministerio e 17.325 da Xunta) para Grupo de Vivendas Compostela-Quiroga Palacios; e para o barrio de Vite, 151.100 euros (128.000 do Ministerio e 23.100 da Xunta). O financiamento total para todas as ARIs do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 ascende a 1.064.300 euros.

A proposta da concelleira delegada de Facenda, acordouse a concertación dunha operación de préstamo a longo prazo para o financiamento de investimentos e transferencias de capital por importe de 1.200.000 euros, con previa apertura de crédito. O contrato adxudicouse á entidade LIBERBANK, polo importe mencionado e cun Euribor trimestral de +0,64, sen xuros de demora.

Tamén se deu conta da sinatura do convenio de cooperación entre a Asociación Área Empresarial do Tambre e o Concello de Santiago para fomentar e impulsar o desenvolvemento dun polo de biotecnoloxía e outros obxectivos marcados no pacto pola industrialización de Compostela no marco do programa COMPOSTELA MÓVESE 2020 COVID-19.

Por último, deuse o visto bo á convalidación de facturas e recoñecementos extraxudiciais de créditos con distintos provedores, principalmente relacionados cos gastos relativos ao tícket especial de compra.

Documentos relacionados



Compartir: