ALCALDÍA

O Teatro Principal acolleu a proxección de catro curtametraxes sobre a muller contemporánea

06/03/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, participaron na proxección de catro curtas relacionadas coa realidade actual da muller. A exhibición celebrouse no Teatro Principal e enmárcase no programa de actos previstos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o xoves 8 de marzo.

Na proxección, á que asistiu un amplo colectivo de mulleres, puidéronse ver os filmes "Quérote mal", de Mireia Giró; "As loiras prefírenos cabaleiros", de Alex Sampayo; "La Valiente", de Isabel Ayguavives e "Rosas, de Mikel Fontes e José Luis Márquez.

Compartir: