ALCALDÍA E DEPORTES

Recibimento a José Manuel Calderón tras realizar o Camiño de Inverno

06/08/2020 O alcalde en funcións, Sindo Guinarte, recibiu o ex xogador de baloncesto José Manuel Calderón, protagonista da VI edición de "O Camiño acaba no Obradoiro". Coa delegación que acompañaba o deportista chegou a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa. Tamén participaron na recepción os concelleiros José Antonio Constenla (PP) e Navia Rivas (BNG).

José Manuel Calderón e unha delegación composta por outros deportistas e por integrantes do Monbus Obradoiro chegaron hoxe a Santiago de Compostela tras realizar as últimas etapas do Camiño de Inverno. Partiron o 3 de agosto de Monforte e este xoves alcanzaron a meta tras realizar a última etapa entre Ponte Ulla e Santiago.

Compartir: