FUNDACIÓN GRANELL

Unha bufanda para lembrar a Valle-Inclán

07/03/2007 A Fundación Eugenio Granell dedícalle un programa de actividades ao insigne escritor galego Ramón María del Valle-Inclán. Comezou o 7 de Marzo, data de regreso de Valle a Compostela, coa realización do acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura do escritor na Alameda de Santiago.

Este acto quería establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán ,no paseo de Recoletos, en Madrid o día do teatro, pero agora conmemorando o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe.

O verán será a franxa temporal elixida para o desenvolvemento dun programa más amplo de actividades formado por un Roteiro polos lugares compostelás de Valle, e unha exposición monográfica nas salas da Fundación Eugenio Granell, realizada grazas á colaboración de diferentes particulares e institucións.

No Roteiro, ademais da visita a lugares coma o restaurante O Asesino, a cafetería Derby, ou o Paseo da Alameda, o Pazo de Bendaña, sede da Fundación Eugenio Granell fará de marco para a dramatización dunha escolla da do escritor ad hoc.

A homenaxe a Valle completarase cun ciclo de charlas impartidas por expertos na figura do escritor. Para a realización deste programa de actividades contaremos a Fundación Granell contará coa colaboración do Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal.

Varios membros da Corporación local asistiron á colocación desta simbólica bufanda. A Concellaría de Cultura prepara unha publicación que lembrará a última estadía de Valle-Inclán en Compostela, o impacto da súa morte na cidade e todo o que supuxo o escritor para a capital de Galicia.

Compartir: