ALCALDÍA

Santiago acollerá en setembro o XI Congreso Nacional de Psiquiatría

05/03/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Asociación Galega de Psiquiatría, Mario Páramo. Este informouno sobre as actividades previstas con motivo da celebración na cidade do XI Congreso Nacional de Psiquiatría, do 24 ao 29 de setembro.

Fundada en 1989, a Asociación Galega de Psiquiatría conta con 200 membros. É unha referencia a nivel do Estado tanto polas súas actividade como polas súas publicacións. Agora ten o reto de organizar un Congreso que reunirá en Compostela aos máis destacados expertos na materia da psiquiatría.

Compartir: