INFRAESTRUTURAS

Máis de 245.000 euros para a reforma da Rúa Monte Pío

05/03/2007 O Goberno local aprobou o proxecto de reforma da Rúa Monte Pío, presentado pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Xunta de Galicia. Esta actuación vai supor un investimento de 292.961 euros e afectará a un trazado de 193,405 metros de lonxitude.

A intervención afectará ao tramo sur desta rúa, nun tramo tanxencial ao complexo residencial Monte Pío. Aumentarase o ancho do primeiro tramo do vieiro. Dotándoo dunha calzada de seis metros e de beirarrúas de dous metros. O trazado vai poñer en comunicación á poboación de Figueiras e Carme de Abaixo con Monte Pío e Casas Novas.

Os tratamentos e mobiliario urbano daranlle continuidade aos xa existentes no primeiro tramo desta rúa. Ademais, vaise actuar nas redes de abastecemento de auga, pluviais, enerxía eléctrica, telefonía e gas.

Melloras en Fontiñas e limpeza de cunetas no Norte

Entre os proxectos de obras aprobados está igualmente o que afecta á mellora en vieiros e beirarrúas na rúa do Gaiás, no tramo dende Fontiñas ata Sar. Investiranse 60.031 euros nesta actuación. Tamén se acometerán obras de mantemento e conservación de beirarrúas en Fontiñas, por un importe de 60.000 euros.

Noutra orde de cousas, e unha vez aprobada a limpeza de cunetas e desbroce nas parroquias do sector Sur, deuse o visto bo agora a estas mesmas actuacións nos barrios do Norte. O custo do proxecto é de 59.858 euros e o prazo de execución de seis meses.

O proxecto de pavimentación e recollida de pluviais na Rúa Horta de Adentro-Castiñeiriño (20.938) euros, e o inicio do expediente para a contratación dunha asistencia técnica para redactar o proxecto de ordenación funcional no núcleo da Canteira, foron outros puntos ratificados polo Goberno local.

Servizo de alumeado

Finalmente, outro dos puntos importantes da Xunta foi a adxudicación do servizo de Alumeado para o ano 2007. A empresa Daviña farase cargo do mesmo, por un importe de 839.991 euros.

Compartir: