MOCIDADE

Comeza o ciclo de cine ao aire libre, coa proxección mañá de "Call me by your name"

30/06/2020 Mañá mércores, 1 de xullo, comeza o Ciclo de Cine ao Aire Libre, organizado pola Concellaría de Mocidade, coa proxección da longametraxe Call me by your name, de Luca Guadagnino. Exhibirase ás 22:30 horas na Alameda, a carón das escaleiras de subida cara a gardería. En caso de choiva, a actividades suspenderíase.

Call me by your name (Chámame polo teu nome é un drama estreado en 2017, gañador dun Óscar ao mellor guión adaptado. Escrito por James Ivory, o guión está baseado na novela homónima de André Aciman. O filme pertence á triloxía de Luca Guadagnino Desexo, xunto a Io sono lámore (2009) e Cegados polo sol (2015). Call me by your name está ambientada no norte de Italia, nos primeiros anos da década dos oitenta. Conta a historia de amor entre un adolescente de 17 anos e o asistente do seu pai.

No Ciclo de Cine ao Aire Libre proxectaranse outras dúas películas, no mesmo escenario e á mesma hora. O 8 de xullo, Malditos bastardos, de Quentin Tarantino; e o 15 de xullo, pechando o ciclo, A moza danesa, de Tom Hooper. Todos os filmes foron elixidos a través das redes sociais entre un listado no que había películas de varios estilos e épocas.

Obrigatorio o uso de máscara.

Compartir: