PARQUES E XARDÍNS

O Parque da Constitución conxugará lecer e deporte

05/03/2007 A Xunta de Goberno aprobou un orzamento de 58.286 euros para as obras de acondicionamento no Parque da Constitución. A súa fin é preparar este espazo para a dotación de novos elementos deportivos e de xogo, que terán un custo de 150.000 euros.

A particularidade deste novo espazo é que vai conxugar os elementos de xogo para os máis pequenos cunha serie de dotacións deportivas. Deste xeito, convertirase nun lugar destinado tamén ao mantemento da forma física a un nivel básico para tódalas idades.

Tamén contará cunha nova área de xogos infantís Poza Real de Arriba. O investimento previsto neste espazo é de 41.723 euros.

Compartir: