MOBILIDADE

En marcha ata o domingo en Amio a sexta edición do Salón do Vehículo de Ocasión

26/06/2020 O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, inaugurou oficialmente este venres a sexta edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago de Compostela, que se celebra no Recinto Feiral de Amio do 25 ao 28 de xuño.

O evento conta coa presenza de máis de 20 concesionarios e compravendas, cun stock de máis de 700 vehículos, a prezos rebaixados, exhibidos en 16.000 metros cadrados de exposición. Tras a situación destes últimos meses a raíz da Covid-19, xerou un stock grande e por iso esta é unha oportunidade para mercar cun coche a un prezo inferior ao habitual.

Ademais, deseñouse un protocolo de seguridade fronte á Covid-19, con medidas para garantir a seguridade de todos os visitantes. Entre elas destacan: coches desinfectados, grande extensión (12.000 metros cadrados exteriores + 4.600 interiores nun pavillón ventilado), aforo limitado, uso obrigatorio da máscara, puntos de desinfección, un día máis de exposición para maior reparto de público ou mantemento dos dous metros de distancia de seguridade.

O Salón abre de 10:30 a 20:00 horas nestas tres xornadas de venres, sábado e domingo.

Compartir: