MOBILIDADE

O Recinto Feiral de Amio acolle ata o domingo a sexta edición do Salón do Vehículo de Ocasión

25/06/2020 O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, inaugurará oficialmente mañá venres, ás 10:30 horas, a sexta edición do Salón do Vehículo de Ocasión en Santiago de Compostela, que se celebra no Recinto Feiral de Amio do 25 ao 28 de xuño.

O evento, que abre as súas portas este xoves ás 16:00 horas, contará coa presenza de máis de 20 concesionarios e compravendas, cun stock de máis de 700 vehículos, a prezos rebaixados, exhibidos en 16.000 metros cadrados de exposición. Tras a situación destes últimos meses a raíz da Covid-19, xerou un stock grande e por iso esta é unha oportunidade para mercar cun coche a un prezo inferior ao habitual.

Ademais, deseñouse un protocolo de seguridade fronte á Covid-19, con medidas para garantir a seguridade de todos os visitantes. Entre elas destacan: coches desinfectados, grande extensión (12.000 metros cadrados exteriores + 4.600 interiores nun pavillón ventilado), aforo limitado, uso obrigatorio da máscara, puntos de desinfección, un día máis de exposición para maior reparto de público ou mantemento dos dous metros de distancia de seguridade.

O Salón abre este xoves de 16:00 a 20:00 horas. Nas xornadas do venres, sábado e domingo, o horario será de 10:30 a 20:00 horas.

Compartir: