INFRAESTRUTURAS

Visita do alcalde á parroquia de Cesar

04/03/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a parroquia de Cesar, onde o departamento de Obras vén de remodelar o espazo público que se atopa ao lado do centro sociocultural e xunto ao campo da festa.

Habilitouse unha zona deportiva que inclúe un campo de fútbol de terra batida e unha pista multiusos de baloncesto e futbito, un aparcadoiro e unha área de lecer con mesas e bancos. A superficie total deste complexo supera os 100.000 metros cadrados.

Compartir: