ALCALDÍA

Estacionamento de balde o vindeiro xoves 25 para a volta á normalidade do mercado de Salgueiriños

19/06/2020 O vindeiro xoves 25, o mercado de Salgueiriños poderá recuperar a súa normalidade, tras a tramitación polo Concello das solicitudes de autorización para participar no mesmo. Segundo anunciou o alcalde, rematado o prazo, recibíronse 128 solicitudes, polo que "temos posibilidade de asentar a todos/as os/as solicitantes", xa que hai 137 espazos dispoñibles.

Deses/as 128 solicitantes –indicou- só 68 completaron a documentación e realizaron o pago correspondente. "A eses 68 outorgarémoslle unha autorización definitiva, e aos 60 que aínda non pagaron a taxa e completaron a documentación, darémoslle unha autorización provisional e un prazo de 10 días para que a completen e paguen a autorización".

O alcalde anunciou que este vindeiro xoves, 25 de xuño, o estacionamento será gratuíto, polo que espera que "as furgonetas dos comerciantes estean no aparcadoiro e que os usuarios non teñan dificultades para acceder ao mercado". Logo fixarase unha tarifa especial para o estacionamento.

Compartir: