ALCALDÍA

Sánchez Bugallo visita o punto de información sobre o Ingreso Mínimo Vital habilitado polo Concello no Mercado de Abastos

15/06/2020 O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou o punto de información sobre o Ingreso Minimo Vital (IMV) habilitado polo Concello no Mercado de Abastos, que hoxe abría as súas portas, xunto ao situado en Área Central, en Fontiñas. As dúas oficinas xa teñen concertadas 720 citas para as vindeiras semanas a razón de 40 por día.

Estas citas proceden das consultas realizadas no simulador de Ingreso Mínimo Vital, posto en marcha polo Departamento de Emprego e que pode consultarse na web simuladorimv.com. Durante a visita, o rexedor estivo acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; e do técnico responsable da área de Emprego, Xavier Ferreiro.

Compartir: