ALCALDÍA

O Polígono da Costa Vella segue a medrar

02/03/2007 Un dos solos industriais máis dinámicos de Compostela, o Polígono de Costa Vella, segue a incrementar a súa ocupación. Ás importantes empresas xa presentes alí únese Porcelanosa, que inaugurou a súa sede nun multitudinario acto.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, percorreu as novas instalacións desta empresa, dedicada á produción de pavimentos e revestimentos dinámicos. Tamén participaron no acto diversos representantes do ámbito político, social e económico da cidade. A modelo arxentina Valeria Mazza exerceu de anfitriona da firma, fundada en Villarreal (Castellón) en 1973.

Na actualidade, o Grupo Porcelanosa conta con 350 tendas repartidas en 80 países. O novo centro da Costa Vella únese aos 600.000 metros cadrados de instalacións que dispón a empresa, na que traballan 4.000 persoas.

Compartir: