TURISMO

A comisión executiva da Asociación de Concellos do Camiño Inglés acepta a solicitude de ingreso da Coruña

05/06/2020 O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte asistiu hoxe á reunión da comisión executiva da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, na que participaron distintos alcaldes e concelleiros dos municipios adheridos á esta entidade. No encontro aceptouse a solicitude de ingreso na entidade do Concello da Coruña.

Tamen se acordou desenvolver varias accións para revitalizar o Camiño Inglés neste contexto de crise económica. Entre elas, diferentes accións de promoción da ruta a través de redes sociais, blogs e medios de comunicación. E unha andaina, o 27 de xuño, na que edís, técnicos e persoal municipal de cada un dos concellos, realizarían un tramo do Camiño dentro do seu propio municipio.

Na xuntanza, celebrada no Concello de Oroso, en Sigüeiro, tamén se deu conta dos proxectos que os concellos que integran a Asociación remitiron á Deputación da Coruña para poder optar a unha subveción de 120.000 euros, destinada a obras. Ademais, acordouse o nomeamento dunha responsable da xerencia para a xestión do local da Asociación, con cargo a outra subvención do organismo provincial.

O Camiño Inglés transcorre por 18 concellos da provincia: Ferrol, Narón, Neda, Fene Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela. Todos eles, a excepción de Cambre e Culleredo, están integrados na Asociación.

Compartir: