CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Ensanche presenta en concerto a The Two Halfs

02/03/2007 O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche desenvolverá o sábado 3 de marzo dende as 21:00 ata as 23:00, en sesión de club, unha actuación musical de The Two Halfs, acompañado polas videocreacións de The Chemical Orange.

The Two Halfs reúne, nunha soa persoa (Alberto Casas, 22 anos) unha experimental proposta de influencia punk e modernista a través de voz e guitarra eléctrica. A súa música podería relacionarse con The Cure, Dresden Dolls, The Legendary Pink Dots, Syd Barret, Smashing Pumpkins e Nacho Sotomayor.

The Chemical Orange é un productor visual que neste concerto desenvolverá unha sesión mesturando en directo loops de video.

Este concerto supón a estrea no Ensanche do Servizo de Arte e Cultura, que coordina a produción deste evento a través dunha fase previa aberta ao público interesado, onde se puideron observar e coñecer os elementos a ter en conta na organización dun espectáculo audiovisual como é a escenografía, iluminación, son, comunicación, etc.

Con este novo equipamento, ubicado no centro da cidade, preténdese impulsar o traballo que xa se está a facer dende o Departamento de Centros Socioculturais en materia de arte e mediación cultural, enriquecéndoo coas novas necesidades e retos que se están descubrindo nesta primeira fase de contacto no Ensanche.

Compartir: