COVID-19

Minuto de silencio no Obradoiro en memoria das persoas falecidas a causa da COVID-19

27/05/2020 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas a causa da COVID-19. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e traballadores/as municipais. O minuto pechouse cun prolongado aplauso.

Este minuto de silencio foi o primeiro acto do loito oficial de dez días declarado polo Goberno de España en sinal de dó polas vítimas da COVID-19. Dende esta pasada madrugada e ata o 5 de xuño, as bandeiras dos edificios públicos ondearán a medio mastro.

Compartir: