CENTROS SOCIOCULTURAIS

As corais Xúbilo e Irmán Goméz actúan no Centro Sociocultural de Vite

01/03/2007 O programa de actuacións de corais nos centros socioculturais da cidade, organizado polo Concello de Santiago de Compostela, continúa O venres 2 de marzo cos concertos das agrupación Xúbilo e Irmán Gómez. Será ás 20.00 horas no centro "José Saramago" de Vite.

A coral Xúbilo nace no seo da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Santiago para dar satisfacción aos desexos dun nutrido grupo de afeccionados ao canto. É presentada ao público na ano 2004, participando en diferentes festivais (panxoliñas de Caixanova, VI e VII Coros de Nadal do Concello de Santiago). Participa no concerto de Música Coral celebrado en Santiago, como anfitrioa da Capella de Música Sta. María de Mollet del Vallés de Barcelona e no Círculo de Artesanos da Coruña. Na actualidade conta con 46 membros titulares. O seu programa anual de traballo é de dous días semanais baixo a dirección de Ángel A. Abel Souto.

A coral Irmán Gómez foi fundada no 1994, por iniciativa da asociación Hermano Gómez, para fomentar as actividades culturais e musicais entre os pais, profesores e antigos alumnos do colexio San Francisco Xavier. Interpreta un repertorio variado, fundamentalmente de inspiración popular e folclore galego. Dentro das súas múltiples actuacións destaca a que fixeron con A nosa clave e coa Banda filharmónica de Galicia no Auditorio. No ano 1999 adquiriron a internacionalidade actuando no 6º encontro de corais en Baladares (Portugal). Actualmente está composta por 32 membros dirixidos por Diego Neira Silva.

Compartir: