SOLIDARIEDADE

Sindo Guinarte participa na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

13/05/2020 O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, participou hoxe na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, na que os participantes amosaron a súa confianza en que, tras a superación da crise sanitaria da COVID-19 a nivel estatal, se abra un espazo de maior solidariedade e colaboración cos países do Sur, froito da reflexión sobre a interconexión entre os pobos e a importancia da solidariedade para superar os retos globais. A reunión celebrouse por vía telemática.

No encontro presentouse a proposta de renovación de Cargos da Comisión Executiva, na que o concelleiro Sindo Guinarte ocuparía unha vogalía. Tamén se presentou a proposta de liñas estratéxicas 2020-2023 e o plan de actividades coas variacións introducidas a raíz da pandemia de coronavirus. Realizouse, ademais, un seguimento da campaña Os Municipios cooperan, lanzada onte, e que ten como obxectivo pór en valor a cooperación internacional promovida polas deputacións e concellos socios, entre os que se atopa Santiago de Compostela, e evitar que o seu compromiso diminúa cando é, precisamente, máis necesario.

Compartir: