PROMOCIÓN ECONÓMICA

REDEL celebra a súa Asemblea Xeral de xeito virtual e inicia unha reflexión sobre o futuro das axencias de desenvolvemento

13/05/2020 Esta mañá tivo lugar a Asemblea Xeral da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL), coa participación de 23 das 26 entidades que forman parte da rede, un encontro que se celebrou de xeito virtual.

Na reunión aprobouse a memoria de actividade e peche do exercicio 2019. No apartado de contidos informativos deuse a coñecer a campaña de comunicación Plan A: Economía para a Vida, así como a Rede Innpulso, Rede de cidades da ciencia e a innovación. Ademais, acordouse que Medina do Campo acolla no mes de outubro a próxima Asemblea Xeral de REDEL, que se fará coincidir coa 2ª edición do Campus REDEL.

Para rematar, dedicouse un espazo a repensar as axencias de desenvolvemento local no marco da crise do COVID-19. Para iso contouse coa dirección de Oriol Ronsel, coordinador xeral do Plan Estratéxico Metropolitano de Barcelona, coa achega de Paco Alburquerque e Miren Larrea como expertos no ámbito do desenvolvemento local e coa participación de Universidades coas que REDEL colabora habitualmente. Durante este ano continuarase afondar na reflexión, nun momento crucial tamén para o desenvolvemento local.

REDEL
REDEL, Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, xorde como resposta á necesidade que existe de colaborar e traballar entre as axencias locais para ampliar os coñecementos adquiridos pola experiencia de cada socia/ou e innovar e desenvolver proxectos conxuntamente, así como exercer un lobby. Naceu no ano 2008 como unha Rede de entidades expertas en desenvolvemento local que traballa para a mellora continua das organizacións a través da reflexión, a xestión do coñecemento e a colaboración, buscando o recoñecemento e a posta en valor a nivel técnico e político do desenvolvemento local e a súa proxección a nivel internacional.

En REDEL quérese recalcar o importante papel que as políticas de desenvolvemento económico local viñeron desempeñando nas tres últimas décadas no noso país en ámbitos como a promoción do espírito emprendedor entre a poboación; a mellora das posibilidades de acceder a un emprego, especialmente para colectivos desfavorecidos; o fortalecemento dos sistemas produtivos locais; a dinamización comercial e turística dos nosos municipios, comarcas e provincias; entre moitos outros. A proximidade ao territorio, ás persoas e ás empresas que viven, móvense e levan a cabo as súas actividades nel, das entidades que despregamos estas políticas foi, é e será a clave principal dos éxitos conseguidos.

REDEL está formada polas principais axencias de desenvolvemento existentes a nivel estatal:

• Ayuntamiento de Cartagena – Agencia de Desarrollo Local y Empleo.
• Agencia Metropolitana de Desarrollo Económico – AMB.
• Ayuntamiento de Alicante – Agencia Local de Desarrollo Económico y Social, ImpulsAlicante.
• Ayuntamiento de Huesca – Área de Desarrollo Local, Economía Social, Industria y Comercio.
• Ayuntamiento de Madrid – Subdirección General de Economía e Industria.
• Ayuntamiento de Málaga – Promálaga.
• Ayuntamiento de Medina del Campo – Servicio de Desarrollo Local.
• Ayuntamiento de Murcia – Centro de Iniciativas Municipales de Murcia.
• Ayuntamiento de Valencia – València Activa.
• Ayuntamiento de Zaragoza – Oficina Técnica de Empleo, Emprendimiento e Inclusión Social.
• Barcelona Activa, SAU SPM.
• Concello de Santiago de Compostela – Oficina de Promoción Económica.
• Diputación de Barcelona – Área de Desarrollo Económico, Turismo y Comercio.
• Diputación de Tarragona – Área de Recursos Humanos, Ocupación y Emprendimiento.
• Diputación de Valencia (Empresa Pública Divalterra, S.A.).
• Garapen – Asociación Vasca de Agencias de Desarrollo.
• Getafe Iniciativas, S.A.
• Instituto Leonés de Desarrollo Económico, Formación y Empleo (ILDEFE) – Ayuntamiento de León.
• Instituto Municipal de Desarrollo Económico y Empleo de Córdoba (IMDEEC).
• Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación y Empleo (IMPEFE) – Ayuntamiento de Ciudad Real.
• Móstoles Desarrollo.
• Navarra de Suelo y Vivienda, S.A. (NASUVINSA).
• PalmaActiva.
• Segovia Activa.
• Sociedad para el Desarrollo de la provincia de Burgos, S.A. (SODEBUR).
• SOFEJEA, S.A. – Agencia de Desarrollo de Ejea de los Caballeros.

Compartir: