RELACIÓNS VECIÑAIS

As asociacións veciñais repartiranse 100.000 euros para as súas actividades

27/02/2007 O concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, presentou as bases dunha nova convocatoria de subvencións para as actividades programas polas asociacións veciñais de Santiago. Nesta edición de 2007 a contía a repartir pasa de 80.000 a 100.000 euros.

Portas resaltou este incremento na dotación do programa e a súa confianza en que se superen as 40 solicitudes de subvención de 2006. Poden participar as asociacións inscritas no Rexistro Municipal de asociacións que previamente tiveran presentada a documentación relativa os proxectos e orzamentos. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir dende o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP.

En ningún caso, a subvención poderá ser superior a 3.400 euros para cada asociación veciñal. Para o outorgamento da axuda valoraranse varios criterios: necesidades de equipamento e funcionamento das asociacións, número de actividades e número de beneficiarios das mesmas, realización de publicacións periódicas e capacidade financeira das actividades.

A elección dos beneficiarios faraa unha comisión de valoración integrada polo concelleiro de Relacións Veciñais, por un funcionario deste departamento e por tres representantes veciñais do Consello de Relacións Veciñais.

Casa das Asociacións

O concelleiro tamén se pronunciou respecto á marcha das obras da Casa das Asociacións. Afirmou que se están a cumprir os prazos e que en breve se sacará a concurso o mobiliario do centro. A previsión e que antes de maio poida estar rematado o edificio.

Documentos relacionados



Compartir: