ALCALDÍA

Xuntanza en Raxoi coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela)

24/02/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse este luns cunha delegación da Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela), encabezada polo seu presidente, José Balboa. Tamén participaron o secretario, Luciano Fernández, e a directora, Rocío García.

Sarela vén colaborando dende hai anos co Concello e é unha das entidades sociais da cidade que recibe unha subvención municipal anual para as súas actividades. Ten a súa sede no Castiñeiriño, nunha parcela cedida no seu día polo Concello.

Entre outros asuntos, na xuntanza abordouse a situación urbanística da sede de Sarela e conversouse sobre o 20º aniversario da Asociación, que se celebra en decembro deste ano 2020.

Compartir: