FESTAS

O Meco preside xa o Entroido de Compostela

22/02/2020 O Meco subiu este sábado ao Pazo de Bendaña para presidir dende a praza do Toural o Entroido compostelán. As actividades prolongaranse ata o mércores 26, cando o boneco arderá na praza Roxa.

Despois de saír da praza de Cervantes, o Meco -que este ano fai alusión á contaminación e á emerxencia climática- desfilou ata o Toural. Xa co boneco ao seu carón, a actriz Iria Pinheiro pronunciou o pregón dende o balcón do Pazo de Bendaña. Todo isto acompañado dun espectáculo musical e pirotécnico a cargo da compañía Deabru Beltzak.

Este domingo, a animación do Entroido empezará ben cedo polas rúas cos Conformistas de Conxo e a charanga Os Atrevidos, e pola tarde, na Sala Capitol, celebrarase o Festival Infantil de Disfraces, que será animado por A Run Run.

Compartir: