MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Reunión do Grupo Provincial de Coordinación para a Seguridade Viaria

21/02/2020 As dependencias da Policía Local de Santiago acolleron este venres unha xuntanza do Grupo Provincial de Coordinación para a Seguridade Viaria, da que forman parte representantes da Policía Local de diferentes concellos e da Garda Civil.

Na xuntanza acordouse darlle continuidade aos controis conxuntos que a Garda Civil e as Policías Locais veñen realizando dende o pasado mes de decembro. Ademais dos controis sobre presenza de alcohol e drogas entre os/as condutores/as, os dous corpos realizarán outro tipo de inspeccións encamiñadas a reducir a sinistralidade na estrada, principal motivo polo que foi creado este grupo a nivel autonómico.

Compartir: