ACCIÓN CULTURAL

O Goberno local apoia a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela

19/02/2020 As concelleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Educación, Noa Díaz, reuníronse hoxe con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela. Durante o encontro, tranmitíronlle o apoio do goberno local de Santiago á posta en marcha dun conservatorio profesional de danza na cidade.

Noa Díaz sinalou que existe unha alta demanda desta disciplina, "hay preto de 1.700 persoas, a maioría menores, que están agora mesmo estudando danza en escolas privadas, e pensamos que a Xunta de Galicia debería considerar a implantación deste conservatorio profesional de danza en Santiago". Unha cidade, segundo sinalou a concelleira Mercedes Rosón, "capital de Galicia, cun forte peso cultural e que responde moi ben a todo o que ten que ver con esta disciplina artística".

Compartir: