ALCALDÍA

Consituída a comisión de seguimento do plan estratéxico de Ourives de Compostela

17/02/2020 O Salón Verde da Casa do Concello acolleu a sesión constitutiva da devandita comisión, que busca pór en valor un sector de gran tradición en Compostela.

A comisión, presidida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, está integrada tamén pola concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón; o edil de Presidencia Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; Borja Verea, secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria; Guillermo Carlos Otero, subdirector de Innovación e Coordinación Administrativa; María Eugenia Pérez, subdirectora xeral de Formación Profesional; José Blas García Piñeiro, en representación da Deputación da Coruña; Pablo Sampedro, director da Área de Cultura da USC; Arturo Ouro, presidente da Asociación de Artesáns e Comerciantes "Ourives de Compostela"; Lisardo Núñez, asesor da Asociación; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; e o técnico municipal de Emprego e Promoción Económica, Xavier Ferreiro.

Nesta primeira comisión fixouse a periodicidade das xuntanzas e foi presentado o Plan Estratéxico por parte dos membros da Asociación de Artesáns.

Santiago chegou a ser unha referencia a nivel mundial en orfebraría. Na Idade Media contabilizáronse ata 130 obradoiros de prateiros e acibecheiros arredor da Catedral. Pór en valor este oficio e recuperar a súa importancia histórica é un dos obxectivos do Plan Estratéxico deseñado por Ourives de Compostela, que presentaron no mes de xullo no Paraninfo da USC.

Compartir: