CASCO HISTÓRICO

Todo listo para o inicio das obras de acondicionamento da Praza de Cervantes

26/02/2007 As obras na Praza de Cervantes están listas para o seu comezo, trala adxudicación da dirección da obra. Esta actuación suporá un investimento de 420.708 euros.

A intervención consiste no mantemento e consolidación do espazo público da Praza de Cervantes, da Rúa de San Bieito e da Praza do Irmán Gomez, así coo a remodelación da Praza de Oliveira. Tamén inclúe a instalación dunha illa ecolóxica de contedores subterráneos na Rúa Algalia de Abaixo, cunha superficie aproximada de 3.215 metros cadrados.

Esta actuación é obra dos arquitectos Javier Franco e Vicente Pintos. Enmárcase dentro do convenio subscrito en 2001 co Instituto Galego de Vivenda e Solo en materia de actuacións na área de rehabilitación do casco histórico.

As obras comezarán de inmediato con carácter xeral, se ben se está pendente do informe da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta para o inicio daquelas que afectan ao soterramento.

Obras de saneamento en A Granxa

A Xunta de Goberno tamén adxudicou as obras de saneamento de augas fecais en A Granxa (San Marcos- Bando). Nesta intervención investiranse 60.025 euros.

Compartir: