MERCAGALICIA

Mercagalicia aproba as contas de 2006

23/02/2007 O Consello de Administración de Mercagalicia, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou as contas do exercicio de 2006, durante o cal os ingresos globais ascenderon a 630.704 euros e se gastaron 531.421 euros, co que quedan 99.283 euros de beneficio. Os ingresos supoñen un 18,60% de incremento sobre os obtidos no 2005, mentres que os gastos son o 15,60% superior aos dese mesmo ano.

O Consello aprobou tamén a entrada de Carlos Nieves como representante municipal en Mercagalicia, en substitución de Xaquín Fernández Leiceaga, anterior concelleiro de Facenda e Orzamentos.

Compartir: