XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba 86 novas actuacións subvencionables en varias fases das ARI da cidade

13/01/2020 A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, deu o visto bo á prórroga e modificación dos acordos de Comisión Bilateral vixentes relativos ao Plan de Vivenda 2013-2016. Isto supón a prolongación de varias fases das áreas de rehabilitación integral (ARI) da cidade e ampliación a 86 novas actuacións subvencionables incluídas nas mesmas.

Deste xeito, prorróganse as fases 7ª e 8ª do polígono de Vista Alegre, así como a ampliación de actuacións, que pasan de 80 a 96 e de 48 a 64, respectivamente. Tamén se prolongan as fases 4ª e 5ª da ARI de Pontepedriña (grupos de vivenda Compostela e Quiroga Palacios), ampliándose esta última fase de 24 a 38 actuacións. No caso de Vista Alegre, a prórroga afecta ás fases 7ª e 8ª, o que supón tamén pasar, respectivamente, de 80 a 96 e de 48 a 64 actuacións. Finalmente, amplíase a temporalidade da 1ª fase do barrio de Vite, pasando de 24 a 64 actuacións subvencionables.

Conservacion e reparación de instalacións municipais
Outro dos acordos do Goberno local foi a adxudicación do servizo de conservación, reparación, pequena reforma ou ampliación de diversos edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago. Este contrato suporá un gasto de 1.261.600 euros nos anos 2020 e 2021. A maior parte da partida destínase a reparacións en colexios (800.000 euros), pero tamén contempla reparacións en edificios de servizos xerais, centros socioculturais ou instalacións deportivas, entre outros.

Documentos relacionados



Compartir: