TURISMO

O concelleiro de Turismo participou na reunión da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros – Noia

10/01/2020 O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asistiu no CGAC á reunión da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros – Noia. No encontro presentáronse os informes sobre o estado das tramitacións das adhesións á entidade.

En novembro de 2018 asinouse o convenio de colaboración entre os concellos de Santiago, Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son e Rois, para a delimitación do itinerario cultural a Compostela, que conta cun orzamento superior aos 18.000 euros. O obxectivo dos nove municipios é que este itinerario sexa recoñecido primeiro como ruta histórica, e posteriormente obteña a declaración oficial de Camiño de Santiago. Durante a reunión, dende a Consellería de Cultura e Turismo informaron que, de momento, está pendente de avaliar o estudo técnico do itinerario.

Compartir: