DEPORTES

O pavillón municipal do Restollal acolle este sábado a XXXVII edición da Copa Galicia Feminina de Voleibol

02/01/2020 O concelleiro accidental de Deportes, Gonzalo Muíños, e o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, presentaron este xoves a XXXVII edición da Copa Galicia Feminina de Voleibol, que se celebrará este sábado, 4 de xaneiro, no pavillón municipal do Restollal. O Concello colabora coa FGV e co Club Voleibol Santiago na organización desta festa do voleibol galego. A entrada é de balde.

A Copa Galicia Feminina enfrontará nun formato de final a catro aos mellores equipos da pasada temporada: Arenal Emevé (Lugo), Autos Cancela Zalaeta (A Coruña), ambos equipos competidores na Superliga Feminina 2; CV Bruxas (Ames), equipo da 1ª División Feminina; e Club Korbis (Monforte), da 1º División Autonómica.

Ás 10:00 horas celebrarase a primeira semifinal, que enfrontará ao Arenal Emevé, vixente campión da Copa Galicia, co Club Korvis. Ás 12:00 horas terá lugar a segunda semifinal, entre o Autos Cancela Zalaeta e o CV Bruxas, o equipo de Bertamiráns que nesta ocasión exercerá de anfitrión.

Xa pola tarde, os dous conxuntos perdedores xogarán polo terceiro e cuarto posto a partir das 17:00 horas. A gran final celebrarase da Copa Galicia celebrarase ás 19:00 horas.

Compartir: