ALCALDÍA

Compostela e Santiago de Cali reafirman os seus lazos

19/02/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao alcalde da cidade colombiana de Santiago Cali, Apolinar Salcedo Caicedo. A xuntanza serviu para reafirmar os lazos de unión entre estas dúas cidades, que levan o nome de Santiago nos seus nomes. Representantes desta vila colombiana xa visitaran Compostela en 1994.

Apolinar Salcedo Caicedo é o alcalde da terceira cidade de Colombia. Capital do departamento do Valle del Cauca, Cali é a cidade de maior desenvolvemento desta zona do país. Fundada o 25 de xullo de 1536 por Sebastián de Belalcázar, caracterízase por acoller importantes empresas nacionais e multinacionais e por ser epicentro de importantes eventos culturais.

Cali ten unha altura de 1.079 metros sobre o nivel do mar, unha temperatura media de 26 graos centígrados, 56.026 hectáreas de terreo e 2.580.000 habitantes organizados en divisións político administrativas coñecidas como comunas.

Compartir: