ALCALDÍA

Reunión de Sánchez Bugallo cos presidentes da Federación Galega de Comercio e de Comercio Punto Compostela

12/11/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este martes co presidente da asociación Comercio Punto Compostela, José Antonio Seijas, e co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.

Na xuntanza falouse de posibles colaboracións cara a campaña de Nadal. Ademais, José Antonio Seijas deulle conta ao alcalde do proxecto de creación dunha nova web na que todos os comercios composteláns que o desexen poderán vender os seus produtos online. Despois de mes e medio dende a súa constitución, Comercio Punto Compostela conta xa con máis de 100 asociados.

Compartir: