MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Encontro coa organización Greenpeace para falar de mobilidade sostible

05/11/2019 O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o xerente de Tussa, José Ramón Mosquera, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes de Greenpeace.

No encontro tratáronse diversas cuestións relacionadas coa mobilidade sostible, sobre as cales a organización realizou as súas suxestións. O concelleiro deulles conta do procedemento en marcha para elaborar os novos pregos do transporte urbano, no que o Concello quere reforzar a súa aposta polo uso do transporte público e pola utilización de vehículos sostibles para este fin.

Compartir: