POLÍTICA LINGÜÍSTICA

O Concello edita un manual de lingua kurda

11/05/2005 As concellarías de Cultura, Política Lingüística e Educación de Santiago veñen de editar un manual de lingua kurda coa que o Concello de Santiago quere simbolicamente axudar á normalización e legalización deste idioma no Kurdistán turco e que falan máis de 40 millóns de persoas.O territorio do Kurdistán pertence nestes momentos a catro estados diferentes: Turquía, Iraq, Iran e Siria.

O Concello de Santiago mantén desde o ano pasado relacións co Concello kurdo de Diyarbakir, pertencente a Turquía e situado a uns 200 quilómetros da fronteira con Iraq, logo da visita oficial que realizou o seu alcalde a Compostela. Froito destes contactos xurdiu a posibilidade de editar este manual e de participar en intercambios culturais.

Nestes momentos a estado turco mantén a prohibición do uso do kurdo en varios ámbitos e a súa aprendizaxe no sistema de ensino público. Os dous mil exemplares editados deste manual polo Concello de Santiago repartiranse entre as asociacións culturais de base que asumiron esta función. Dentro desta colaboración tamén se inclúe a participación entre os días 12 e 16 de maio do grupo de música e baile tradicional Cantigas e Agarimos no Festival Internacional de Folclore e Danza de Diyarbakir.

Compartir: