ALCALDÍA

O alcalde asiste ao 30 aniversario da marca España Verde

25/10/2019 O Hostal dos Reis Católicos acolleu hoxe unha rolda de prensa na que se deu conta dos actos con motivo da celebración do 30 Aniversario da marca España Verde á que asistiron, ademais do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver, entre outras autoridades.

Para a celebración deste aniversario, a marca organizou unha viaxe promocional no Transcantábrico con cobertura de medios de comunicación de EEUU, México, Arxentina, Xapón, Australia , Alemaña, Austria, Suiza, entre otros países, ademais de catro representante das comunidades autonómas que integran a marca, xunto con Turespaña.

Esta viaxe comezou en Bilbao o 20 de outubro e rematou hoxe na praza do Obradoiro.

Compartir: