ALCALDÍA

Xuntanza entre o alcalde e a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

25/10/2019 O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe co presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez, e con membros da xunta directiva. Entre os asuntos tratados figura o vencellamento da entidade a Compostela, o Ano Santo 2021, e moi especialmente, a creación do Centro Internacional de Prensa. Nun futuro próximo, a APSC pretende reforzar os seus lazos coa cidade de Santiago abordando temas de utilidade e interese cultural para a cidadanía.

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) creouse en 1945 co obxectivo de defender e promover os valores e liberdades da información e os dereitos e deberes dos profesionais do xornalismo.

A entidade pertence á Federación Galega de Asociacións de Periodistas (FEGAPE) dende a creación desta, en 1984. Tamén forma parte da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE) xunto con outras 55 entidades máis de todo o territorio nacional.

Compartir: