ALCALDÍA

Recepción ao ex primeiro ministro de Romanía

16/02/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ex primeiro ministro de Romanía, Petre Roman.

Fillo de nai española e dun brigadista que combateu na Guerra Civil Española, Petre Roman participou no movemento reformista popular que provocou a caída de Ceaucescu. Tras esta, asumiu a xefatura provisional do Goberno romanés a finais de 1989. Confirmado no cargo tralas eleccións de 1990 permaneceu no cargo ata 1991. É un dos principais impulsores da entrada de Romanía ana Unión Europea.

Xosé A. Sánchez Bugallo e Petre Roman compartiron uns momentos en castelán, lingua que fala perfectamente o político romanés. A súa sinatura quedou no Libro de Honra da Cidade.

Compartir: